top of page

No ano 1985 nace a "Banda Xuvenil 85 de Tenorio" da man do mestre Don José Bugallo Diz.
Un ano e medio despois a banda divídese en dúas dando lugar á “Banda de Música
Xuvenil 85 de Tenorio" e á “Banda de Música Lírica de Tenorio" formada por numerosos nenos
da parroquia de Tenorio e arredores, seguiendo hoxe varios en activo. Estas formacións levaron a
sua música por toda a xeografía galega e a outras rexións e incluso a noso país veciño Portugal,
destacando a participación durante nove anos nas procesións de Semana Santa de Zamora, así
como nas “Fallas de Valencia”. Por outra banda, destacan as actuacións en diversos certámes e
festivais, conseguindo numerosos éxitos, como o primeiro premio do “Certame de Bandas de
Música Populares de Cangas” (1989), tamén colaboran en distintos programas da “Televisión de
Galicia” e da “Radio Galega”.
En todo este tempo pasaron moitos directores por estas agrupacións como José Meliá
Real, Francisco Pérez Rodríguez e Joaquín Sanchís González.
En xaneiro de 1999 comenza unha nova etapa, na que se consigue a reunificación das
dúas bandas, adquirindo o nome de “Unión Musical de Tenorio”, baixo a dirección de José Manuel
González Iglesias.
No 2001 toma as rendas como director, Eduardo González López, co cal no ano 2003
lógrase conquistar un cuarto posto, e no 2004 alzarse co terceiro posto no “Festival de Bandas de
Música da Deputación de Pontevedra”.
Coa chegada do director Oscar Ortigueira Folgar no 2010 a banda sufre unha profunda
renovación, e faise unha clara aposta pola canteira e o fomento da música a distintas idades. No
ano 2015 lograse formar a denominada “Banda da Escola” formada única e inclusivamente por
alumnos que se están formando na nosa escola un proxecto con miras de futuro.
En outubro de 2017, colle o relevo na dirección da banda Gerardo Israel Quintas Alonso
mestre de Saxofón e compositor.
No ano 2019 a “Banda Escola” participa na edición do “XIII Certame Galego de Bandas”
na sección xuvenil organizado pola “Federación Galega De Bandas de Música Populares”.
En decembro de 2021, e tan pronto a pandemia do COVID o permiteu, a banda fará a
sua primeira grabación en conmemoración, do XXX aniversario da formación. Este disco está
composto por temas que van dende o pasodoble titulado “Tenorio”, e composto polo director
Israel Quintas Alonso, pasando pola zarzuela e ata música popular galega.
En novembro de 2022, prodúcese o relevo na dirección artística e o mestre escollido será
Claudio Clemente Dos Santos Leite, director e mestre de Tuba.
Dende setembro 2023, a escola de música da banda, pasa a formar parte da rede de escolas
de música da Xunta de Galicia, dependentes de asociacións sen Ánimo de Lucro.
A banda actualmente é moi activa, cunha media 35 actuacións por ano, tanto en diferentes
festas populares do Concello de Cerdedo-Cotobade como na provincia de Pontevedra.
Entre outras actividades, organiza e participa en intercambios culturais con diferentes bandas da

nosa comunidade autónoma

 

bottom of page